ENTRADA TEMA 11 DIDÁCTICA


 Ola a todas e todos!

Nesta entrada do blog gustaríame tratar o tema da avaliación facendo fincapé nas rúbricas coma instrumento de avaliación e na súa elaboración e na implantación de tipos de avaliación máis innovadoras coma a coavaliación nas aulas de secundaria.

En primeiro lugar penso que é preciso definir os tres tipos principais de avaliación segundo a súa finalidade: a avaliación inicial, a formativa e a sumativa. A avaliación inicial ou diagnóstica é aquela que facemos antes de comezar a traballar co alumnado para ver un pouco que nivel teñen e cales son os puntos principais a mellorar. A avaliación formativa é aquela que monitoriza a aprendizaxe dos alumnos día a día e serve para proporcionarlles feedback continuo e ir axustando a nosa metodoloxía ou os materiais empregados se é preciso. Por último, a avaliación sumativa, coma o seu nome indica, consiste en facer unha suma de todas as probas feitas para determinar a cualificación de cada alumno ao final dun período escolar. Coma o que vos acabo de facer é un pequeno resumo, aquí vos deixo un vídeo explicativo que me pareceu moi visual e entretido:

 

 

 

Agora que xa coñecemos os tres tipos de avaliación gustaríame centrarme na formativa, xa que considero que é a máis importante para poder mellorar as nosas capacidades docentes tendo en conta as necesidades de todo o alumnado. Hoxe en día, a avaliación formativa emprégase cada vez máis nas aulas. Sen embargo, aínda existen moitos centros nos que o maior peso da avaliación non recae nos exercicios de aula ou nos pequenos proxectos entregados ao longo do curso, senón que a nota se determina case exclusivamente mediante un exame final. Isto é froito en grande medida das metodoloxías máis tradicionais que conciben a aprendizaxe coma a mera memorización de conceptos que se deben demostrar nunha proba final. Penso que moitos de nós vivimos este tipo de metodoloxías ao longo dos nosos anos escolares e sobre todo na secundaria. Recordo que para algúns compañeiros este tipo de avaliación non supuña un problema porque se esforzaban na clase e obtiñan bos resultados nos exames. Sen embargo, había outros estudantes que, aínda que se esforzaban nos exercicios e traballos de aula, á hora do exame final non acadaban a cualificación esperada para o seu esforzo ou as súas capacidades. E neste punto, de quen é a culpa? De termos empregada unha avaliación menos centrada nos resultados en si e máis no proceso individual de aprendizaxe, pode que estes estudantes tivesen mellorando os seus resultados. Da mesma forma, nós coma docentes poderíamos ter detectado a necesidade de mudar a metodoloxía ou o tipo de actividades empregadas para adaptalas mellor ás necesidades concretas do grupo aula.

     

Unha posible aproximación á avaliación formativa sería a introdución do concepto de coavaliación nas aulas. Aínda que en España este tipo de avaliación non se empregue apenas, en outros países coma Estados Unidos lévano empregando dende hai tempo e os resultados semellan ser moi bos. A coavaliación consiste fundamentalmente en que os alumnos avalíen os seus traballos de aula entre si. A idea é que individuos pertencentes a un mesmo nivel de aprendizaxe se poidan axudar e  poidan mellorar aspectos dunha tarefa determinada dando un feedback construtivo. Por suposto, para lograr que os estudantes se tomen esta práctica en serio é preciso deixarlles moi claro a responsabilidade que supón avaliar e ser avaliado por un compañeiro. Así mesmo, é imprescindible darlles unhas pautas de actuación para que saiban como expresar de maneira obxectiva este feedback e tamén un instrumento de avaliación que lles sinale que aspectos deben ter en conta para avaliar a calidade do devandito traballo.

No exemplo visto na clase, os alumnos dunha escola estadounidense empregaban a coñecida coma Ladder of feedback creada en Harvard por David Perkins. Esta escaleira presenta catro chanzos que se corresponderían coas fases polas que deben pasar os estudantes para dar este feedback construtivo. En primeiro lugar, deben asegurarse de que entenderon ben o traballo do compañeiro facendo as preguntas correspondentes. A continuación, pasarían a comentar os aspectos salientables do traballo. Despois, falarían daquelas cousas que precisan corrixirse ou revisarse. Por último, farían suxestións para mellorar a calidade xeral do traballo. O emprego desta ferramenta paréceme moi acertado, xa que lles proporciona aos alumnos uns pasos sinxelos a seguir e consegue que se habitúen á rutina de dar feedback dunha maneira axeitada.

No que respecta aos instrumentos de avaliación en si, o máis adecuado para unha práctica coma esta sería a rúbrica de avaliación. A/o docente compartiría cos alumnos a rúbrica de avaliación que ten pensado usar para avaliar os traballos e así os estudantes saberían en que aspectos se deben fixar ao realizar as súas correccións. Considero que sería tamén moi interesante crear cos alumnos a rúbrica de avaliación dos traballos, porque isto lles axudaría a valorar o proceso de creación dun instrumento de avaliación e tamén se implicarían máis na actividade de coavaliación. Déixovos por aquí un post bastante completo que atende a todos os aspectos aquí mencionados e presenta ideas de como implantar a coavaliación nas aulas.

En conclusión, a pesares de non ser unha gran fan do momento avaliación, teño que admitilo, este tema axudoume a ser máis consciente de todas as variables que entran en xogo nunha parte tan importante da docencia. Ademais, permitiume reflexionar sobre a importancia de dar un bo feedback que non se limite a unha cualificación numérica e que se encamiñe a lograr unha mellora real no desempeño dos estudantes. Así mesmo, a creación das nosas propias rúbricas de avaliación específicas para unha actividade que tamén deseñáramos nós mesmas, pareceume un exercicio moi enriquecedor e moi útil para a nosa futura labor docente.


 

Comentarios

  1. Ola, Uxía!

    Graciñas por compartir o vídeo sobre os distintos tipos de avaliación! A verdade é que o explica de marabilla. Tamén comparto a túa experiencia sobre o instituto - se ben é certo que as notas "de aula" por decilo así contaban un pouquichiño, o peso real da asignatura caía no exame, sempre. De feito penso que mesmo o profesorado valoraba máis unha boa nota que ver progresos, pode que non en todas as asignaturas mais si en xeral. Típico comentario de "tendes que facer isto para aprobar o exame". E xa en bacharelato preparando o selectivo... técnica de exame, técnica de exame, técnica de exame. Nada de entender contidos, todo para buscar o aprobado. Moito terá que cambiar a cousa para que o sistema non exclúa sistemáticamente aos que precisan máis que o ensino tradicional. Asimesmo, a coavaliación coido que pode facer marabillas, xa que é mais sinxelo apoiarse nun compañeirx que buscar unha resposta individual. Como mínimo, para actividades de aula.
    Paro aquí xa.

    Unha aperta" ☺

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Katrin! Grazas a ti polo comentario! Está claro que enfocar a ensinanza á mera prepacración dun exame é un erro total. O que lles inculcamos aos estudantes é, de novo, que non paga a pena pararse a asimilar conceptos e a "aprender" que o único importante é buscar o aprobado. Á vista está que este non é o bo camiño, esperemos que poidamos mudar a situación pouco a pouco!
      Outra aperta!

      Eliminar
  2. Ola, Uxía! Moi interesante a túa entrada, tes razón cando dis que deberiamos olvidar os resultados e centrarnos no proceso de aprendizaxe individual, polo que igual tamén a avaliación debería ser máis individual. É algo posible, xa que tamén se realiza co alumnado NEAE. Resultaría moito máis laborioso, pero seguro que moito máis práctico para o alumnado de forma individual.
    Gústame a túa idea de crear unha rúbrica co alumnado, xa que moitas veces como estudantes non chégabamos a comprender cómo se facían as avaliacións. Participar na avaliación axúdanos a comprender o traballo que se realiza e do que o alumnado forma parte en todo momento, así que, por que non facer que tome tamén parte nela?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lara! Graciñas polo teu comentario! Penso que todo alumno ten dereito a que o seu progreso se avalíe durante as diferentes actividades ou exercicios feitos na clase, xogalo todo á carta dun exame final non é nin producente nin xusto. O ideal é ofrecer a posibilidade de ir mellorando pouco a pouco e facer ese seguemento do que falas. Implicar ao alumnado na toma de decisións na aula pode ser moi motivador e máis cando se trata de temas que lles repercuten tan directamente coma a avaliación.
      Unha aperta!

      Eliminar
  3. ¡Hola Uxía! Enhorabuena por tu entrada, me ha gustado mucho.
    Primeramente gracias por el vídeo, explica muy bien las diferencias entre los 3 tipos de evaluación de una manera muy visual y brevemente.
    En segundo lugar, estoy totalmente de acuerdo contigo cuando comentas que en muchos centros la evaluación todavía gira en torno a un examen final. Considero que este tipo de evaluación no es beneficioso ni para el alumnado ni para el profesorado. Personalmente, nunca he tenido ningún problema para poder memorizar lo que se me pedía, pero no considero que por esto, yo fuese más válida que el resto de mis compañeros, ni mucho menos, supiese más sobre el tema. Recuerdo a algún compañero que en medio del examen se ponía tan nervioso que tenía que dejarlo sin finalizar, y es triste. Cuando recibíamos el examen corregido, tampoco entendíamos el porqué de nuestros fallos. Por eso, introducir la evaluación formativa es tan necesaria. Gracias a ello, el alumnado es capaz de entender el porqué de sus errores para poder corregirlos. Además, el profesorado puede observar las necesidades de cada alumno y actuar conforme a ello. Considero que la coevaluación así como la autoevaluación son muy necesarias en el sistema educativo, y que deberían de implementarse de forma natural desde los primeros años escolares, para convertirlo en algo tan normal como ser examinado por un examen, y así conseguir los resultados que se esperan de este tipo de métodos. Creo que en EEUU están mucho más avanzados con respecto a esto, y que aquí el alumnado no se lo tomaría en serio al principio, porque lo ven como algo poco serio.
    Esto incluye, como tú dices, hacer partícipe al alumnado en la evaluación, para que se den cuenta de la importancia de esta, y también conocer cómo van a ser evaluados. Creo que la rúbrica es un muy buen instrumento para que el alumnado tenga claro lo que se les pide.
    Ojalá las cosas cambien pronto, todavía nos queda mucho por hacer.
    ¡Abrazo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ana! Grazas mil polo teu comentario! Alégrome de que che gustase a entrada e de que compartas algunhas das miñas reflexións. Coma ti ben dis esperemos que o sistema educativo e a concepción que mestres, nais/pais e institucións temos del varíe para ben. Cando concibamos o ensino coma unha ferramenta de adquisición de capacidades e non meramente coma un trámite para a obtención de certificacións académicas poderemos comezar esta tan necesaria transformación.
      Unha aperta!

      Eliminar
  4. ¡Hola, Uxía!

    Al igual que mis compañeras, concuerdo contigo en todo. Si la finalidad es que aprendan y mejoren, el método de evaluación debería ser otro. Creo que no es posible ver la validez de una persona por lo que ha hecho en un solo examen. Ejemplos mil de lo injusto que llega a ser: estudiantes que se pasan largas horas estudiando y tienen un mal día en el examen, estudiantes que no dan pie con bola durante el curso pero tienen la capacidad de aprenderse todo a última hora (o plagian), etc. Con lo cual, dudo que un examen refleje lo que en teoría se pretende conseguir del alumnado: aprendizaje.
    Con respecto al método estadounidense de coevaluación lo veo fenomenal pero quizás más como experiencia esporádica, por las razones que alega Ana (aquí los chicos/as no se lo tomarían en serio). Probablemente habría problemas de favoritismos o poca neutralidad. Supongo que habría que cambiar primero la mentalidad del "estudio para aprobar" que se instauró hace ya mucho tiempo y, para ello, habría que reajustar todo (no solo a nivel académico). Entonces, en mi opinión, la coevaluación es muy útil (y necesaria) ya que deberían ser responsables y partícipes de su enseñanza, no obstante, no la veo como solución única del problema (también un poco por el peso emocional/moral/afectivo que recaerá en todos ellos darle una nota al compañero/a).

    Opino pues que no hay una verdad absoluta en esto, ni una solución mágica, sino más bien un cúmulo de pequeños avances como los que has precisado tú aquí (implantar las coevaluaciones, las rúbricas, darle mayor peso a la evaluación formativa, etc.)

    Love your post! ¡Muy bien dicho todo y muy bien reflexionado!

    ¡Un abrazo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rocío! Moitas grazas polo comentario e polas flores que me botaches ;) así da gusto ser blogger! Coma ti ben dis ao final é un cúmulo de cousas o que fan ao noso sistema educativo (ou mellor dito á nosa visión do sistema educativo) ser como é e a solución (aínda que sexa complexa) comeza pola reflexión e a autocrítica. Logo entraríamos en cuestións políticas e de intereses varios que non están na nosa man. O que está claro é que o cambio máis importante é o da mentalidade xeral de APROBADO = APRENDIDO, porque moitas veces non é así. Esperemos que estes primeiros pasiños se vaian dando nos próximos anos e que nós sexamos partícipes desta revolución!
      Unha aperta!

      Eliminar
  5. Ola, Uxía! Grazas pola túa publicación, conseguiches resumir de modo moi claro o estudado na clase. Ademais, as ligazóns que aportaches a maiores conteñen moita información interesante, especialmente o artigo da páxina "web del maestro". Sempre é útil consultar exemplos, xa que como docente relativamente inexperta a miúdo é difícil discernir como aplicaría algo nun contexto real dun aula. Polo que leo na tua publicación e nos comentarios das compañeiras, sumado ó que escribín eu mesma no meu blog, creo que todas compartimos as mesmas frustracións e inquedanzas. Personalmente, dame un pouco de medo non ser quen no futuro de desprenderme desas ideas antigas sobre educación (e, mais concretamente, avaliación) xa que, dende logo, é moito máis difícil motivar e fomentar a curiosidade pola aprendizaxe que simplemente por unha nota e ameazar cun suspenso ós alumnos e alumnas que non se axustan o que esperamos deles. Porén, ver que as xeracións máis novas tendemos a estar dacordo nun enfoque máis moderno da educación dame bastante confianza no futuro das nosas escolas. De novo, grazas pola publicación e unha aperta grande!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Silvia! Graciñas por pasarte a comentar! A verdade é que eu pensei o mesmo, se as novas xeracións estamos de acordo con este cambio e nós somos tamén os que podemos impulsalo, semella que, polo menos, estamos indo na boa dirección.
      Outra aperta para ti!

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares