ENTRADA DE DIARIO TEMA 6
Ola a todas e todos!
Nesta entrada de diario gustaríame afondar un pouco no tema das programacións e da creación de unidades didácticas que vimos na aula e que seguro todos temos en mente de cara ás temidas oposicións.
Antes de comezar, penso que é preciso establecer a diferenza entre os conceptos de programación didáctica e programación de aula. A programación didáctica é elaborada polo departamento correspondente antes do inicio do curso e a súa coordinación correspóndelle ao xefe do dito departamento. Nela inclúense as ensinanzas de cada materia para cada etapa ou curso, así coma uns acordos en canto á metodoloxía e aos procesos de avaliación. A programación de aula, pola súa parte, sería a concreción desta programación didáctica nunha serie de unidades didácticas pensadas para un alumnado concreto e atendendo ás súas necesidades.
Para facer calquera destas programacións é preciso atender a unha serie de factores:
- Didácticos: consulta dos documentos oficiais dos centros e da lexislación aplicable
- Psicolóxicos: características psicoevolutivas do alumnado
- Sociolóxicos: contexto socioeconómico no que se insire o centro
- Epistemolóxicos: contidos e metodoloxías propias da materia ou área de
especialización
Unha vez que sabemos que aspectos debemos ter en conta para crear a programación, toca pensar nas dimensións principais que esta debe abordar. Hai que destacar que non hai nin un esquema nin unha orde establecida, pero seguindo as pautas dadas pola administración deberían tocarse os seguintes elementos:
- Introdución (xustificación da programación, temporalización etc.)
- Contexto (centro, alumnado ao que vai dirixida, característica socioeconómicas)
- Obxectivos
- Metodoloxía
- Recursos
- Competencias
- Contidos (distribuidos en unidades didácticas)
- Atención á diversidade
- Avaliación
Agora que xa temos os conceptos básicos aclarados, a pregunta que se nos ven a todos á cabeza é: e eu como creo a miña propia programación? Ao principio todo isto provócanos angustia e custa dixerir tanta información en tan pouco tempo. Por iso decidín dedicar esta segunda parte da entrada a investigar un pouco por internet e recompilar materiais de axuda e consellos para todos os opositores novatos que se inician no mundo da creación de materiais didácticos.
Polo xeral, o consello esencial para lograr o beneplácito do tribunal é o seguinte: SEDE DIFERENTES. Pensemos que falamos dun tribunal que levará horas escoitando a xente expor os seus materiais. A idea é destacar. Aquí vos deixo algún consello máis concreto:
- Buscar un bo preparador
- Establecer rutinas e ter unha boa organización
- Non deixar a programación para o final
- Facer a programación didáctica dende 0
- Empregar a lexislación para que nos sirva de apoio nas nosas decisións
- Darlle cor á programación e facela atractiva
- Poñela en común co círculo de confianza
Espero que a entrada vos servise de axuda!
Aquí vos deixo as páxinas consultadas para elaborala:
https://raulsolbes.com/2018/09/05/programacion-didactica-versus-programacion-de-aula/
https://www.opositer.edu.es/blog/trucos-programacion-didactica-secundaria/
Ola Uxía! Describes moi ben as diferencias entre programación didáctica e de aula, porque a veces non queda moi claro cal é cal. E douche as grazas tamén por esa axuda final de cara aos procesos selectivos! Realmente útil, parécenme moi bos consellos que nun futuro poderemos aplicar. No punto que se refire a poñela en común cun grupo cercano, xa nos vexo rematando o mestrado e faccendo grupos de apoio para poder comparar e levalo mellor ;-)
ResponderEliminarUn saúdo!
Ola Katrin! Moitas grazas polo teu comentario! alégrome de que fose de utilidade, esa era a idea! Falla nos fará o grupo de apoio, si jaja
EliminarUnha aperta grande!
Ola Uxía! Moitas grazas pola túa entrada, pareceume moi útil e interesante a información que aportas sobre as programacións. Un aspecto que me sorprendeu bastante ao comezar este mestrado foi a importancia que teñen os factores que comentas, sobre todo os psicolóxicos e sociolóxicos. Antes nunca me parara a pensar na complexidade que ten a programación dunha materia, pois cando pensas nun profesor ou profesora preparando a súa asignatura, sempre pensas que debe traballar os contidos, pero non pensas en que debe adecuar eses contidos e metodoloxías ás características do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Na miña opinión, estes factores son totalmente determinantes á hora de levar a cabo as clases con éxito.
ResponderEliminarCon respecto aos consellos, antes de nada, moitas grazas! Estou de acordo no feito de que ser diferentes é un aspecto imprescindible porque, como ti ben dis, o tribunal ten que estar farto de escoitar unidades didácticas durante horas! O consello que máis me chamou a atención foi o de poñer en común o teu traballo co círculo de confianza. Normalmente centrámonos demasiado en nós mesmos, xa que somos os creadores do traballo e os «expertos» nel, pero moitas veces a opinión de xente allea pode axudarnos a darlle outra perspectiva á nosa idea e así poder mellorala. Unha aperta!
Ola Uxía! Graciñas por comentar! alégrome de que che gustara a entrada! Coincido contigo en que vía o traballo dos profesores coma algo centrado puramente en contidos e ao final nada que ver! Estou vendo que o da posta en común está sendo o máis inesperado para todas, si! Ás veces absórvenos a ola de individualismo e non vemos máis alá cando en realidade se consegue moito máis colaborando!
EliminarUnha aperta!
¡Hola Uxía! ¡Genial, moza! De acuerdo contigo en todo. Aunque a veces se hace complicado destacar en un documento en el que no hay mucha libertad de movimiento ni de expresión, y cuyos elementos son obligadamente los mismos. Pero me parecen buenas recomendaciones las que nos das. Supongo que lo más difícil de crear una PD es justamente eso: ser diferentes. Por lo que he visto, le dan mucha importancia a la claridad y la viabilidad, esto es, que seamos claros y que tengamos en cuenta lo que puede llevarse a cabo y lo que no. Pero aparte de esto, existen pequeños trucos de innovación (usar papel reciclado, confeccionar algún envoltorio para el documento, etc.). ¡Te los dejo por aquí, que seguro que nos harán falta!
ResponderEliminarhttps://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/opositores-innovar-programacion-didactica/
Un saludo, Uxiíña.
Ola Rocío! Moitas grazas polo comentario e pola ligazón! Paréceme moi boa idea a de intentar destacar polo formato no que presentemos a nosa programación, ao final o que intentamos facer e vendela o mellor posible e non se me ocorre mellor forma que facendo que entre polos ollos!
EliminarUnha aperta!
¡Hola Uxía! ¡Genial, moza! De acuerdo contigo en todo. Aunque a veces se hace complicado destacar en un documento en el que no hay mucha libertad de movimiento ni de expresión, y cuyos elementos son obligadamente los mismos. Pero me parecen buenas recomendaciones las que nos das. Supongo que lo más difícil de crear una PD es justamente eso: ser diferentes. Por lo que he visto, le dan mucha importancia a la claridad y la viabilidad, esto es, que seamos claros y que tengamos en cuenta lo que puede llevarse a cabo y lo que no. Pero aparte de esto, existen pequeños trucos de innovación (usar papel reciclado, confeccionar algún envoltorio para el documento, etc.). ¡Te los dejo por aquí, que seguro que nos harán falta!
ResponderEliminarhttps://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/opositores-innovar-programacion-didactica/
Un saludo, Uxiíña.