ENTRADA TEMA 1 DIDÁCTICA
Ola a todas e todos!
Esta semana regresamos ao blog co comezo do novo cuadrimestre e dunha nova materia: didáctica das linguas estranxeiras. Nesta entrada falaremos un pouco dos conceptos que vimos no primeiro tema introdutorio da materia adicado ás situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras. O tema dividiuse en dúas sesións.
Na primeira delas falamos de conceptos coma o translingüismo ou translaguaging, que eu persoalmente descoñecía, e que se podería definir coma o proceso dinámico mediante o cal os falantes de varias linguas levan a cabo accións cognitivas ou comunicativas empregando de maneira estratéxica diferentes linguas. O translingüismo está moi relacionado cos conceptos de L1 (lingua inicial) L2 (lingua segunda, xa sexa ambiental ou estranxeira) coma podedes ver neste artigo de Fernando Trujillo e Antonio González. Coma expoñen os autores, adóitansenos mostrar as linguas que manexamos coma entes separados, pensemos en pequenos cubículos de almacenamento: un para galego, outro para español, outro para inglés, francés, alemán ou a lingua que sexa. Non obstante, a realidade é que na nosa mente non existen estas fronteiras lingüísticas coma tales, senón que o que posuímos é o coñecemento de cando temos que empregar tal vocabulario, tal gramática ou tal fonema. Ademais, polo xeral, a aprendizaxe non varía demasiado dunhas linguas a outras e a maneira na que adquirimos a nosa L1 pode contribuír e estar moi relacionada coa maneira na que adquirimos unha ou varias L2.
Para exemplificar este aspecto, fixemos unha actividade por grupos de creación dun diagrama de Venn (aquí vos deixo un exemplo por se non o coñeciades) no que tiñamos que marcar as semellanzas e diferenzas na adquisición e mellora da nosa L1 e L2. As respostas da clase seguiron un pouco a mesma liña. As similitudes eran numerosas: ambas melloran e perfecciónanse co uso, a finalidade é a comunicación e socialización, adquirimos capacidades de lectura, comprensión e produción de textos orais e escritos. En canto ás diferenzas, na L1 polo xeral a aprendizaxe é en maior medida por interacción co medio e de maneira natural, empregámola en todos os contextos e non ten unha finalidade estrita máis que a supervivencia. A L2, pola súa banda, adquírese froito dun estudo (en maior ou menor medida, pode ser moi relativo pero ímonos cinguir a termos xerais), é unha aprendizaxe de carácter máis formal, a fonética é máis artificial (segundo crecemos perdemos esa capacidade innata de percepción e imitación dons sons), emprégase nun contexto moito máis concreto e a finalidade tamén é máis específica (aprendo inglés para o traballo, por ocio, vivir no estranxeiro etc.).
A primeira sesión rematámola falando da diferenza entre lingua vehicular, lingua habitual e lingua de traballo. A lingua habitual sería a que emprega un falante xeralmente na maioría dos contextos comunicativos. Falaríamos de lingua de traballo referíndonos á que se emprega nunha empresa, nun organismo internacional ou nun estado plurilingüe. Para rematar a lingua vehicular sería a que se emprega nun determinado contexto comunicativo entre falantes de diferentes linguas. Para asentar estes conceptos, levamos a cabo unha actividade cun placemat tamén por minigrupos. O placemat, outra ferramenta que tampouco coñecía, consiste nunha división polo xeral en catro cuadrantes cun espazo común no centro. A idea é que, para dar resposta a unha cuestión ou para propoñer unha solución, cada membro do grupo escriba a súa opinión persoal nun dos cuadrantes. Despois entre todos deberase chegar a un acordo e escribir o resultado final na parte central. Sería algo así:
A segunda sesión comezámola tamén discernindo entre dous conceptos: comunidade lingüística e comunidade de lingua. Dicimos que dous falantes pertencen á mesma comunidade lingüística cando comparten unha ou máis linguas con variantes xeográficas, sociais e culturais moi concretas. Pola contra falamos de que dous falantes pertencen á mesma comunidade de lingua cando simplemente falan a mesma lingua. Por exemplo: eu pertencería á comunidade lingüística galega coma calquera outro galego, pero pertencería tamén á comunidade de lingua española igual que calquera persoa que fale español (outras rexións de España, Hispano América, español coma lingua estranxeira). A través destes dous conceptos chegamos ao termo repertorio lingüístico, que consiste nunha especie de caderno na que se anotarían as linguas e variedades lingüísticas que coñece un falante, sinalando o nivel de competencia (básico, intermedio, avanzado ou nativo) e tamén se se trata de linguas activas (comprensión e expresión na lingua) ou pasivas (só comprensión). A que nos referimos con variedades lingüísticas, preguntarédesvos? Pois de novo relacionándoo co concepto de comunidade lingüística, serían aquelas variedades xeográficas ou mesmo temporais do idioma que falamos. No meu caso, son falante dun galego propio do bloque oriental e da zona de Valdeorras cunha serie de características diferencias con respecto ao normativo ou a outros tipos de galego (plurais en -ois, irmau/pau/mau, teis/veis/fais, tu no canto de ti etc.). Aquí vos deixo o repertorio lingüístico da clase para que lle poidades botar unha ollada. Para rematar a clase, fixemos un percorrido polas variábeis do ensino de linguas estranxeiras, os seus obxectivos e, mediante un exercicio práctico, as diferentes metodoloxías a empregar segundo o contexto, o nivel e o tipo de estudantes que temos na aula.
Mantereivos informados 😉
¡Hola Uxía! Antes de nada, darte la enhorabuena por esta entrada y por todas las de tu blog, son todas muy interesantes. Por lo que respecta a esta en concreto, tanto la actividad de los diagramas de Venn como la del Placemat que mencionas me han parecido muy adecuadas para representar los conceptos que estábamos trabajando. Creo que ambas pueden ayudar también a los estudiantes que tengamos en un futuro para ejemplificar ciertos conceptos, como los tiempos verbales a través de un diagrama de Venn y ver las coincidencias que hay entre todos. ¡Un saludo!
ResponderEliminarP.D.: Muy interesante el artículo que mencionas sobre el translingüismo :)
Ola Estela! Grazas a ti polo teu comentario :D alégrome de que che gustasen as entradas, o que me dis é todo un piropo! Coincido contigo en que tanto o diagrama coma o placemat me pareceron moi útiles e sobre todo dinámicos para empregar nunha aula cos estudantes. Paréceme moi boa idea a dos tempos verbais a verdade, non o pensara e é unha aproximación moi interesante!
EliminarUnha aperta!
Ola Uxía!
ResponderEliminarGústame moito como estruturaches a explicación sobre os termos, creo que está moi ben enlazada. Igual ca ti, eu tampouco estaba familiarizada co formato de actividade placemat, aínda que a idea non resulta completamente descoñecida. Acho que pode dar moito xogo con actividades orais e como preparación grupal de diversas tarefas, por exemplo, se o alumnado ten que traballar un debate con diferentes puntos de vista por grupos.
Por outra banda estou dacordo tamén en que o remate da segunda sesión foi moi produtivo, xa que non só comentamos cousas en xeral: a min paréceme que aprendemos moito os uns dos outros a base de escoitarnos falar sobre diferentes experiencias. A ti que che parece? :-)
Unha aperta!
Ola Katrin! Moitas grazas polo teu comentario! A idea era manter un fío conductor que nos guiara polos conceptos enlazándoos os uns cos outros, espero que funcionase! O placemat paréceme unha moi boa ferramenta para incluir en actividades coma a que mencionas e penso que pode resultarlle bastante atractivo aos estudantes ao ser tan visual. Ocórreseme que nunha actividade de debate se poderían cambiar os placemat entre grupos para que vendo a argumentación dos compañeiros creasen contraargumentos para defender a súa postura. Non sei coma o ves, pero paréceme interesante :) O remate da sesión tamén me gustou moito porque coma ti dis compartimos experiencias individuais nun ambiente máis destendido e iso sempre resulta enriquecedor e fortalece o grupo!
EliminarOutra aperta grande para ti!
¡Hola, Uxía!
ResponderEliminarDespués de tener una lectura muy amena con tu entrada, te doy la enhorabuena por tu forma de condensar todo el contenido teórico y de ejemplificarlo de tal forma que cualquiera lo pueda entender.
Yo también desconocía el concepto de translingüismo como tal y, como dices tú, todas las lenguas que sabemos las tenemos almacenadas en un único “cajón”, por lo que yo soy fiel partidaria de usar lo que sabemos de una lengua para ayudarnos a aprender otras. Así que, como comentamos en nuestro grupo, me alegro de que se esté dejando de demonizar el empleo de la L1 en el aula de lenguas extranjeras, ya que en ocasiones puntuales puede ser de gran ayuda comparar ciertos aspectos de ambas.
No lo conté en mi entrada, pero confieso que yo tampoco conocía el placemat. Sin embargo, como dijisteis tanto tú como nuestras compañeras en los otros comentarios, me parece una herramienta fantástica para fomentar el aprendizaje cooperativo y a la que se le puede sacar mucho partido. He de decir que me estoy aficionando a pensar en cómo voy a usar en mis futuras clases estas herramientas que los docentes están empleando con nosotros.
Por último, no puedo estar más de acuerdo con tu reflexión final. Creo que era muy necesario empezar esta asignatura con un tema como este, que nos permitiese aclarar ciertos conceptos básicos sobre los cuales ya podemos empezar a construir todo lo demás.
¡Un saludo!
Ola Belén! Moitas grazas polo teu comentario! Totalmente de acordo coa idea de non censurar o emprego da L1 na aula de lingua estranxeira, segundo que niveles non só pode ser beneficioso, senón tamén necesario. Penso que estas sesións nos están axudando moito a todos para tomar ideas para a nosa futura práctica docente e iso sempre se agradece!
EliminarUnha aperta!