PRESENTACIÓN FINAL DE CURSO
Ola a todas e todos!
Nesta entrada gustaríame falarvos da presentación que tivemos que preparar coma tarefa final da materia. Segundo o reparto feito, algúns debíamos traballar en aspectos do tema 7 e outros do tema 4, segundo o docente co que fósemos a presentar o traballo. Ademais, tivemos a oportunidade de escoller calquera tema do noso interese (previa consulta co docente) relacionado cos temas vistos ao longo de todo o curso.
Finalmente, eu rematei decantándome por un tema do que xa vos falei no blog, a metodoloxía TPRS. No meu primeiro post vendinvos a marabilla que é, pero aínda que tentei explicar todo da mellor maneira, nin puiden afondar no tema nin realmente avaliar se o método era tan bo coma todos dicían. Con esta presentación o que busquei foi facer unha investigación un pouco máis exhaustiva, consultando fontes de carácter máis académico e analizando estudos feitos sobre a aplicación desta metodoloxía na aula de ensinanza de idiomas.
Como veredes, SPOILER ALERT, non atopei ningún estudo que se desenvolvese en España con alumnos de ESO ou Bacharelato. Soamente puiden acceder a un par deles sobre a implantación da metodoloxía en aulas de primaria, pero non os incluín no traballo por ser alleos ao noso campo de interese e especialización.
A conclusión fundamental á que cheguei foi que o TPRS ten moitas vantaxes para o fomento da aprendizaxe de linguas, pero tamén ten bastantes inconvenientes que, baixo o meu punto de vista, fan que sexa pouco práctico adoptalo coma metodoloxía universal na aula, polo menos no contexto galego e español no que vivimos.
Dito, isto e sen facer moitos máis spoilers, aquí vos deixo a presentación que creei para expoñer o tema na aula (este ano virtualmente)
A Metodoloxía TPRS de Uxía Álvarez Sánchez
Espero que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario