ENGLISH THROUGH PERFORMING ARTS
Ola a todas e todos!
Hoxe gustaríame compartir convosco o proxecto de innovación deseñado para a materia de innovación docente. O reto consistía en dinamizar un centro no que tanto alumnos coma profesores estaban desmotivados e no que se confiaba demasiado nas metodoloxías de carácter tradicional. A idea era revitalizar o centro no seu conxunto, dándolle cabida á expresión artística (pintura, música, interpretación etc.) para lograr a implicación dos docentes e profesionais e captar o interese do alumnado.
O proxecto proposto chámase English through performing arts e consiste na adaptación dunha obra teatral de Shakespeare ao século XXI. Nel participarían todos os alumnos (dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato) desenvolvendo diferentes roles segundo o curso ao que pertenzan. Ademais, contaríase coa colaboración dos docentes de plástica, debuxo, música, teatro e estética. O obxectivo é que todo o centro colabore co vestiario, caracterización, decorados, banda sonora etc. para que a obra se poida representar no festival de Nadal. Se vos pica a curiosidade e queredes saber máis, aquí tedes o meu plan de acción explicado:
Espero que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario