Shakespeare's Characters

Ola a todas e todos! 

A actividade que vos propoño hoxe está relacionada co universo das personaxes de Shakespeare. Coma comentamos un pouco na clase, a obra de William Shakespeare é universal e un dos motivos principais desta universalidade son as súas personaxes, tanto pola súa grande complexidade coma polas paixóns e tormentos que atravesan. A idea é que nos poñamos na pel dunha destas personaxes e respondamos ás seguintes cuestións:

  • Coma actuaría eu se estivese na súa situación?
  • Son moralmente correctos os seus actos? por que?
  • Que sentimentos lles fan actuar desa maneira?

Para elixir a personaxe tedes que empregar o texto que vos deixo máis abaixo. Por suposto, podedes empregar outras fontes para buscar información complementaria sobre o argumento da obra á que pertence e sobre a personaxe en sí.

O próximo día faremos un debate na aula para comentar as vosas reflexións.

Let's get started!


Preme para acceder ao texto 

Tamén o podes consultar na seguinte ligazón: https://www.nosweatshakespeare.com/characters/10-influential-characters/

 

 

Comentarios

Publicacións populares