ENTRADA DE DOSSIER TEMA 5
Benvidas e benvidos ao blog un día máis! Hoxe gustaríame compartir convosco un pequeno resumo e reflexión das actividades que levamos a cabo na aula para tratar o tema 5 da materia.
O tema comezámolo cun pequeno repaso do currículo facendo unha actividade sobre as competencias que consistiu en traballar por equipos para crear actividades que favoreceran a adquisición das 7 competencias por parte do alumnado. No meu equipo decidimos crear unha soa actividade que englobase todo: os alumnos debían facer a presentación dun produto no mercado estranxeiro. A CSC basearíase na estruturación dos equipos e na división do traballo. A CLC aplicaríase durante a presentación oral e a comunicación dos membros. Ao realizarse a presentación cunha ferramenta dixital, tamén practicarían a CD. A CMCT obteríana ao estudar o mercado e o PIB do país no que queren introducir o produto. O alumnado desenvolvería a actividade por si mesmo e empregaríanse metodoloxías activas, polo que tería grande importancia a CAA. A CEC traballaríase estudando a cultura meta e comparándoa coa orixe para garantir unha boa adaptación do produto. Por último, os alumnos serían os encargados de escoller o produto promocionado, tomar as decisións sobre a presentación e xestionar o proxecto, mostrando a súa CSIE.
A continuación, metémonos de cheo no mundo Kahoot. Para quen non a coñeza, Kahoot é unha plataforma que nos permite crear cuestionarios sobre o tema que queiramos para empregalos na aula. Ten unha interface moi interactiva, intuitiva e rechamante e pódese xogar por grupos ou individualmente. No noso caso, propúxosenos un cuestionario individual sobre o currículo en ESO, Bacharelato e FP. Persoalmente, Kahoot paréceme unha plataforma entretida, pero comparto a opinión de algúns dos meus compañeiros que se cuestionan se é bo fomentar este tipo de competitividade no alumnado. Penso que, no caso de empregar esta ferramenta na aula, eu faríao dividindo aos alumnos por grupos pequenos ou xogaría directamente co total da clase para facer o repaso dun tema entre todos. De feito, na segunda sesión sobre este tema volvemos empregar o Kahoot de maneira grupal e os resultados foron mellores.
Finalmente, o traballo cos materiais teóricos do tema fixémolo creando unhas presentacións por grupos que posteriormente expuxemos na aula. Aquí vos deixo a do meu grupo sobre a FP. Ademais, autoavaliámonos entre os grupos seguindo unha rúbrica e dándolle feedback positivo aos compañeiros. Na segunda clase seguimos tamén este tipo de metodoloxía activa, pero nesta caso traballamos conxuntamente na creación dun powerpoint sobre a EOI que exporemos na seguinte clase.
En conclusión, nesta materia estamos empregando a metodoloxía de traballo por proxectos na que o alumnado pasa a ser o creador do seu propio coñecemento, no canto dun mero espectador. Penso que é unha boa decisión, sobre todo cando se trata de materias de carácter moi teórico, que doutra maneira lle poderían resultar moi pesadas ao alumnado. Así mesmo, a publicación deste tipo de entradas busca a asimilación do contido visto na aula e a reflexión posterior.
¡Hola, Uxía! Quería escribirte porque yo también comparto las mismas dudas sobre el uso del Kahoot. Yo lo he usado más como docente que como alumna, así que nunca tuve tantas oportunidades para evaluar cómo me siento usándolo. Siempre me pareció una herramienta muy divertida y amena. Además, mis alumnos siempre pedían realizar alguna actividad ahí y les emocionaba mucho. Sin embargo, el otro día vi un post en una red social que hablaba precisamente del uso del Kahoot y me fijé en que muchos de los comentarios decían que se sentían mal al tener que participar, porque si no conocían bien el tema les parecía que estaban quedando en ridículo en frente de sus compañeros. Nunca lo había visto así, pero ahora entiendo que puede ser una posibilidad muy real.
ResponderEliminarEl otro día creo que nos sucedió eso mismo a algunos al hacer el test individual. Puesto que no conocíamos mucho sobre el tema, nos salió bastante mal y creo que a algunas personas les bajó bastante el ánimo. Sin embargo, con el grupal fue una experiencia muy divertida y entre todos pudimos complementarnos muy bien. Pienso que porque nosotros no nos sintamos de una determinada manera con una actividad, no debemos olvidar que no todos somos iguales. A veces a mí también se me olvida eso y no debería, así que a partir de ahora intentaré ser más consciente sobre su uso. ¡Un abrazo!
Ola Vania! Grazas polo teu comentario! A verdade é que o tema Kahoot rematou dándonos moito que pensar a todos e, coma ti dis, sempre é bo facer unha autoreflexión e incluso autocrítica das actividades que lle propoñemos ao alumnado e de como se desenvolven na aula. Paréceme a clave para ser bos docentes, así que non imos por mal camiño! ;)
ResponderEliminarUnha aperta!
Ola Uxía! Primeiro quería darche a noraboa pola entrada, tes unha maneira super clara de expresarte e a verdade e que me gustou moito lela! Estou moi dacordo ca reflexión que fixeches sobre o Kahoot, eu son desas persoas que non son moi partidarias de usalo en clase, principalmente polo seu carácter competitivo, a non ser que sexa de maneira grupal e para facer un repaso de contidos que xa se explicaran con anterioridade. Concordo contigo sobre todo cando dis que a segunda vez que empregamos o Kahoot, en grupiños, foi moito mellor, non só porque os resultados xerais foron máis altos, senón tamén porque eliminou moito a presión individual e fomentou o traballo grupal. Tamén concordo contigo con que as metodoloxías activas que estamos a empregar nesta materia son moi útiles, sobre todo tendo en conta a gran cantidade de contidos e o complexos que poden chegar a ser algúns deles. Penso, ademais, que de ter que tratar estes contidos seguindo o formato tradicional de clase non teriamos chegado a cubrir tantas temáticas distintas e teriamos avanzado moito menos.
ResponderEliminarUnha aperta!
Ola Ildara! Grazas mil polo teu comentario, alégrome de que che gustara a entrada. Quédome coa reflexión que fas sobre os nosos avances na materia e concordo totalmente, cunha metodoloxía tradicional ademais de tediosas as clases terían sido moito máis lentas.
EliminarUnha aperta!