ENTRADA DE DIARIO TEMA 5

 

Ola a todas e todos!

Nesta entrada de diario gustaríame falar un pouco sobre o deseño curricular base para as linguas estranxeiras. Na clase repasamos os nosos coñecementos básicos sobre o currículo, as competencias das administracións educativas e o deseño curricular en linguas estranxeiras proposto pola LOE e pola LOMCE para a ESO, o bacharelato, a Formación Profesional e as ensinanzas de idiomas de réxime especial.

Hoxe voume centrar na FP e na súa connotación social na actualidade. Persoalmente, cando tiven que decidir que estudos realizaría ao finalizar o bacharelato nunca se me pasou pola cabeza facer unha FP. Hai que ter en conta que sempre me encamiñei ás letras puras, polo que a oferta da FP non casaba demasiado coas miñas aspiracións. Non obstante, penso que na miña decisión tamén influíu o estigma que ten este tipo de formación dende hai anos. Seguro que todos escoitamos iso de “a FP é para quen non vale para a universidade” ou “unha FP sácaa calquera”. Semella que en España vemos este tipo de formación coma algo secundario e nunca coma unha primeira opción. Penso que, hoxe en día, isto está a mudar e que, afortunadamente, cada vez máis mozas e mozos se decantan por este tipo de itinerario e non se trabucan.

Os gobernos son cada vez máis conscientes da situación, que dista moito da europea, onde unha gran parte da mocidade se decanta por unha formación máis práctica que lle permite formarse coma profesional de maneira máis especializada e nun menor tempo. Aínda que xa na LOE se fai referencia á FP Básica e á FP Dual, foi na LOMCE cando realmente se creou un itinerario específico para quen xa tivese en mente optar por esta rama da educación. Así, cando o alumno ten 15 anos pode optar por cursar unha FP Básica, que equivalería a 3º e 4º da ESO e lle permitiría obter o título de técnico profesional básico en dous anos ou en tres se cursase a modalidade de FP Dual con prácticas en empresa. Con esta titulación tamén podería obter o título de Graduado en Educación Secundaria (GES), igual que o resto de compañeiros que cursasen a ESO, se supera a proba de avaliación final da ESO. Dende a FP Básica, pódese entrar directamente á FP de Grao Medio que equivale ao bacharelato no itinerario tradicional e, dende esta, á FP de Grao Superior. É preciso resaltar que con esta titulación de técnico superior poderíase acceder tamén á universidade. 

 


En conclusión, aínda que podemos ver moitos erros na LOMCE e sobre todo na súa formulación, penso que darlle un lavado de fronte á FP non é unha mala idea e axuda a visibilizar un tipo de formación moi válida, con moi boa resposta por parte do alumnado e altamente demandada polo mercado laboral.

Déixovos un par de pequenos artigos para que se queredes poidades ampliar información sobre o tema:

Revalorización de la FP 

Qué le falta a la FP en España para que termine de encajar 

Historia de la FP 

Comentarios

  1. Hola Uxía! Primeramente gracias y enhorabuena por esta entrada! Precisamente, este tema es un tema que yo también mencioné brevemente en una de mis entradas.
    Desafortunadamente, he experimentado lo mismo que tú. Creo que aunque yo también me encaminé hacia las letras y la oferta de la FP no se ajustaba a mis pretensiones, una parte de mi también pensaba que hacer una FP era estudiar algo de menor nivel. Esto, como tú bien comentas, viene por el estigma social que recae sobre ella, y que indirectamente, queramos o no, es algo que al fin y al cabo también condiciona nuestro pensamiento.
    Por otro lado, como tú dices, creo que cada año más jóvenes toman la decisión (muy acertada) de realizar una FP, así que confío en que pronto se revierta esta situación y este estigma desaparezca completamente.
    Finalmente, solo quería añadir que en relación a la inclusión de la FP Básica en la LOMCE, considero que, como en otros muchos aspectos, la LOMCE tiene un trasfondo, y con este tema creo que no es diferente. Comparto tu idea de la visibilización que se le puede dar a la FP en esta ley pero también considero que es un plan B para los estudiantes que no alcanzan la excelencia que se busca en esta ley. Todos sabemos que la LOMCE es una ley mercantilista en la que prevalece la competitividad y la economía, por eso creo que la FP no es más que una vía de escape para aquellos que no cumplen las expectativas, y para los alumnos ''difíciles''. Aún así, creo que no se pueden hacer generalizaciones, y que la FP básica también tendrá su lado positivo, ayudando a muchos jóvenes a encaminarse hacia algo que realmente quieren.

    Un saludo! :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ana! Grazas a ti polo comentario! Si, estou dacordo en que as formas nas que a LOMCE introduce a FP Básica non son as mellores e, coma ti ben dis, o que pretende baixo o meu punto de vista e realizar unha segregación do alumnado que non encaixa de todo no prototipo promulgado pola ley. Paréceme acertada a renovación da FP e a inclusión dun novo itinerario, pero non o trasfondo. Só nos queda esperar a ver que sucede ca FP na nova ley de educación e ver canto dura
      Unha aperta!

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares