ENTRADA TEMA 11 DIDÁCTICA
Ola a todas e todos! Nesta entrada do blog gustaríame tratar o tema da avaliación facendo fincapé nas rúbricas coma instrumento de avaliación e na súa elaboración e na implantación de tipos de avaliación máis innovadoras coma a coavaliación nas aulas de secundaria. En primeiro lugar penso que é preciso definir os tres tipos principais de avaliación segundo a súa finalidade: a avaliación inicial, a formativa e a sumativa. A avaliación inicial ou diagnóstica é aquela que facemos antes de comezar a traballar co alumnado para ver un pouco que nivel teñen e cales son os puntos principais a mellorar. A avaliación formativa é aquela que monitoriza a aprendizaxe dos alumnos día a día e serve para proporcionarlles feedback continuo e ir axustando a nosa metodoloxía ou os materiais empregados se é preciso. Por último, a avaliación sumativa, coma o seu nome indica, consiste en facer unha suma de todas as probas feitas para determinar a cualificación de cada alumno ao final dun período escol